PERI. SOÑAR TAMÉN ESTÁ BEN
del 04/05/2011 al 21/06/2011 en O GATO CóSMICO - SANTIAGO DE COMPOSTELA (CONCEPCIóN AREAL Nº1-LOCAL 4)
Critico, simbolista, xeométrico e con influencias surrealistas, Peri é un artista que mestura nas súas obras a observación do entorno co seu propio mundo interior. “As razóns que me levaron a desenrolar esta actividade son a inquietude por crear, a non limitarme a ser un mero espectador do que me rodea se non pasar a formar parte activa do meu entorno”. Sería no ano 99 cando entra en contacto co spray como medio de expresión, pero non sería ata o 2004 cando empeza a plasmar nos muros os debuxos que ata entón tiña agochados no seu caderno, desenrolando así o seu estilo actual. O seu contacto cos artistas urbanos Liken e Pelucas foi fundamental na súa evolución artística: “Sempre me fascinaron os seus estilos e ademais foron os que me ensinaron gran parte do que sei”. A capacidade para expresarse de Peri non coñece de soportes ríxidos xa que estes van dende os muros ata calquera obxecto encontrado na rúa e que el reutiliza converténdoo nunha obra de arte.
Nesta exposición “Soñar tamén está ben” mestúrase o onírico co real, industrial do mundo no que vivimos. Unha contraste entre os refuxios que cada un de nos ten para illarse do ritmo frenético do exterior e a realidade á que nos enfrontamos ó saír deles.

Máis info aquí.
compartir en facebook
compartir en twitter
Bookmark and Share
PUBLICADO POR Emilio el 04/05/2011
Agenda, Arte

La revista Dot: nace como una necesidad de dar a conocer lo más relevante en el panorama artístico y cultural de Galicia. Una guía útil, pero sobre todo eficaz, para los que viven aquí y los que vienen por primera vez, cuya intención es dar a conocer todo lo que se puede hacer y en dónde se puede hacer.  Cada dos meses, os presentamos en una tirada en papel de 12.000 ejemplares distribuidos en casi 1000 puntos de distribución ... leer más

Suscríbete a nuestro boletín semanal y recibe nuestras recomendaciones semanales en tu correo
A Coruña | Ourense | Pontevedra | Santiago | Vigo
DOT MAGAZINE © 2017 · Todos los derechos reservados · Dot: está editada por ChaChaChaStudio | Aviso Legal | Panel de redactores
Irmandiños 8, 4ºA, 36201 Vigo (SP) | T. +34 692 140 602 | info@dotgalicia.com