Presentacións Proxecto N-550 e Documental N-VI
del 24/07/2012 al 27/07/2012 en A CORUÑA, MARTES, 24 DE XULLO 20.00H EN THE ROOM. R/ SANTIAGO Nº7 // VIGO VENRES, 27 DE XULLO 20.00H NA SALA DE XUNTAS DA SEDE DO COAG VIGO R/ DOUTOR CADAVAL Nº5, BAIXO // ENTRADA GRATUITA!
Proxecto N-550 e Diplodocus Producións teñen o pracer de convidarvos á presentación dos dous primeiros capítulos do proxecto N-550 e do documental N-VI de Pela del Álamo. As presentacións terán lugar en: A Coruña, Martes, 24 de Xullo 20.00h en The Room. r/ Santiago nº7 Vigo Venres, 27 de Xullo 20.00h na Sala de Xuntas da sede do Coag Vigo r/ Doutor Cadaval nº5, baixo Ao terminar, convidarémosvos a unhas cañas e algo de picar. Faríanos moitísima ilusión poder vervos alí a todos Apertas! ------------------------ O proxecto N-550 pretende ser un lugar de encontro para a análise territorial e diversas accións artísticas. Nace co propósito de indagar sobre a cidade que se espalla inexorablemente por gran parte da xeografía, esa urbe que algúns teóricos coinciden en cualificar de difusa, outros de fragmentada e incluso algúns de global. No caso de Galicia, poderíase dicir que esta se formula ó redor de grandes infraestruturas, como son a Autoestrada AP-9, o eixo ferroviario Norte-Sur, ou tamén, aquela máis doméstica como a Nacional 550, que se comporta como fío argumental deste traballo. Partindo da premisa Baudeleriana de atopar o “extraordinario no ordinario”, e como escribiron Robet Venturi e Denise Scott Brown, para este estudo reivindicamos unha viaxe na que un se desfamiliariza dos seus argumentos e se reformula cousas a través do que descubre. Proxecto N-550. Da estrada á rúa ------------------------- "Antes viajábamos por carreteras que atravesaban lugares habitados. Hoy, aquellas carreteras han sido sustituidas por autopistas aisladas del paisaje que atraviesan. Durante mucho tiempo, la N-VI fue una de las carreteras más importantes de España. Unía Madrid con Galicia a lo largo de 600 km. Ahora la autovía A-6 cubre todo el trayecto. Algunos tramos de la vieja N-VI han desaparecido, otros han quedado casi abandonados, como islas a la deriva, kilómetros de asfalto que empiezan y terminan en ninguna parte, y con ellos las aldeas y pueblos que atravesaban. Lugares de paso donde aparentemente ya no ocurre nada. En los márgenes de aquella carretera, permanecen sus habitantes, cuyas vidas han quedado encalladas en un presente sin demasiado futuro, desconectadas entre sí, como compartimentos estancos en los que cada uno dialoga a su manera con el paso del tiempo." N VI, Pela del Álamo |